UGT e CCOO presentan as marchas por unhas pensións dignas
21892
single,single-post,postid-21892,single-format-standard,et_monarch,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,qode-theme-ver-9.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.11.1,vc_responsive
marchas galicia

27 Sep UGT e CCOO presentan as marchas por unhas pensións dignas

27/09/2017

O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e oresponsable da Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT en Galicia,Valentín Tato, xunto cos seus homólogos no S.N. de CCOO de Galiciaofreceron hoxe unha conferencia de prensaen Santiago na que presentaron as marchaspor #PensiónsDignas, unha campaña que se iniciou a nivel de todo oEstado e que vai ter a súa máxima expresión cun conxunto demarchas que partirán de varias comunidades autónomas para confluírtodas o día 9 nunha gran concentración na Porta do Sol en Madrid.

Gómez explicou que trátase de xerar debate social na contorna daproblemática sobre o presente e futuro das pensións neste país, arede máis potente de protección social e que da cobertura non sóaos 9 millóns de persoas que perciben unha pensión, senón a moitasfamilias que a día de hoxe dependen delas. De feito, o 40 por centodas pensións cobren por completo as súas respectivas unidadesfamiliares.

Non se trata só dun problema dos que perciben as pensións, senónque é un problema da sociedade no seu conxunto.

No punto no que se está actualmente, urxe unha volta á concertaciónsobre o modelo de pensións que se rompeu coa reforma das mesmasimposta polo PP no ano 2013 co fin de recuperar o futuro dunhaspensións dignas e terminar co empobrecemento dos pensionistas. Sóun dato, hoxe o 40 por cento das pensións que se cobran en Galiciaestán na contorna dos 600 euros, xusto no limiar da exclusiónsocial e da pobreza.

Neste senso, lembrou que as estatísticas apuntan a que no ano 2020os pensionistas que hoxe perciben 1.000 euros pasarán a cobrar nacontorna dos 400.

É evidente que hai que facer algo para remediar isto. Para UGT, opunto de partida para negociar debería ser o Pacto de Toledo, xa quefoi o Goberno do PP o primeiro en romper este pacto de consenso.

Porsituar unha data, como punto de partida, habería que retrotraer asnegociacións ao concertado ata o 2011. Isto supón: aseguraro poder adquisitivo das pensións, erradicaro déficit da Seguridade Social, garantiro presente e futuro das pensións equeo Goberno atenda as iniciativas aprobadas no Parlamentopara garantir o poder de compra das pensións.

Émoi necesario asegurar aviabilidade do sistema de pensións: o Goberno esgotou o Fondo dereserva e recorre a un indebido endebedamento da Seguridade Social.Os pensionistas perden poder de compra cada día.

Porque,de non impedir os efectos da reforma de 2013, a relación media entrepensión e o último salario (taxa de substitución) caerá dende o80 por cento a menos do 50 por cento, empobrecendo drasticamente aospensionistas. 15 millóns de pensionistas recibirán a mesma rendaque os 9 actuais.

Taménhai que eliminar as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxocosto debe asumir o Estado, e conseguir que os gastos do sistema sepaguen como o resto dos organismos públicos, cos Orzamentos Xeraisdo Estado e non con cotizacións.

Nestecontexto, ademais, hai que destopar as cotizacións co fin demellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizaciónscomo de ingresos fiscais.

José Antonio Gómez insistiu en que a clave para garantir o futuro dosistema é actuar pola vía dos ingresos e non dos gastos.

Portodo isto, UGT e CCOO consideran que a mobilización está máis quexustificada e chaman á cidadanía a participar nos actos convocadosporque o presente e futuro das pensións é cousa de todos.

Aspensións son a renda para culminar o proxecto vital cando finalizaso teu traballo e que quen sostén o sistema, contrariamente ao quenos pretenden vender en moitas ocasións, non é o Goberno, senón ostraballadores e as súas cotizacións e a cidadanía cos seusimpostos.

José Antonio Gómez e Valentín Tato explicaron como se vai desenvolver amarcha en Galicia. Partirá o día 2 de outubro de Santiago,comezando cunha asemblea aberta en San Caetano a partir das 11.00horas. Xa ás 12.00 sairán en manifestación cara a zona de SanLázaro acompañando aos protagonistas das marchas. A partir de aquíseguirán sós 10 kilómetros nunha marcha a pé. O segundo día, o3, repetirase o mesmo esquema en Lugo, cunha asemblea ás 11.00 naPraza Maior e unha manifestación ata a Avenida de Madrid. A partirde aquí comezarán unha nova marcha cara Ponferrada. Punto no que seunirán cos camiñantes de Asturias e Castela-León. A partir de aquíBenavente, o día 4, Valladolid, o 5, Segovia, o 6, Villalba, o 7, eMadrid o 9 serán os tramos a facer.

Consulta aquí esta noticia en El Correo Gallego: “CC.OO. y UGT inician el lunes una marcha “por unas pensiones dignas

No hay comentarios

Haz un comentario

Pin It on Pinterest

Shares
Share This

Si continuas utilizando este sitio, aceptas el uso de las cookies. Más información

Las opciones de cookie en este sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerte una mejor experiéncia de navegación. Si sigues utilizando este sitio web sin cambiar tus opciones o haces clic en "Aceptar" estarás consintiendo las cookies de este sitio.

Cerrar