Galicia: UGT regálalle carbón ao Goberno
19150
single,single-post,postid-19150,single-format-standard,et_monarch,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,qode-theme-ver-9.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.11.1,vc_responsive
Galicia

05 Ene Galicia: UGT regálalle carbón ao Goberno

Os representantes de UXP-UGT das catro provincias galegas fixeron entrega nas respectivas Subdelegacións do Goberno dun manifesto no que a Unión Xeral de Traballadores advirte de que seguirá loitando por unhas pensións dignas e por un Sistema Público de Pensións eficaz e eficiente e esixirá a revalorización das pensións conforme á previsión de inflación e a posta en marcha de medidas que aumenten o poder adquisitivo dos pensionistas e garantan a viabilidad do modelo.

A Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT (UJP-UGT) levou a cabo en toda España hoxe xoves, 5 de xaneiro, actos de protesta fronte ás delegacións de Goberno de distintas cidades en defensa do mantemento do poder adquisitivo das pensións e contra os recortes actuais e futuros proxectados polo Goberno.

Estas concentracións programadas coincidiron coa aprobación en Consello de Ministros do Proxecto de Lei que o Goberno do Partido Popular enviará para o seu tramitación parlamentaria e que contempla unha revalorización das pensións do 0,25%.

O sindicato entregou carbón nas sedes do Goberno porque considera que a decisión do Executivo para 2017 condena a os pensionistas a máis pobreza e máis desigualdade.

Noticia extraída de 21 noticias

No hay comentarios

Haz un comentario

Pin It on Pinterest

Shares
Share This